Unha viaxe ao pasado a través da memoria dun grupo de mulleres que nos (re)descobren lugares e recursos turísticos que podemos atopar nun paseo (ríos, regatos, corredoiras, fontes, edificacións,…) por medio da súa ollada, o seu traballo, as súas vivencias individuais e colectivas, os seus recordos e a súa relación cos mesmos no seu pasado.
Recordos e recursos cun elemento natural en común, a auga, a través da cal podemos coñecer formas e historias de vida, costumes, tradicións,… co fin de recuperar e poñer en valor a identidade local e a defensa do patrimonio etnográfico e cultural da nosa contorna.
En definitiva, unha ponte, a memoria, de unión xeracional que permite coñecer e manter vivo o pasado dos lugares para comprender o noso presente e proxectar o noso futuro.
Coñece as Memorias
«Unha forma de recuperar a memoria dos lugares a través dos recordos das persoas que habitan eses lugares.»