Carmen - A pesca no Xirimbao - Teo

Veciña de Teo, a través dos recordos de cando era unha rapaza, trasládanos a coñecer a vida a carón do río, as vivencias da xente do lugar, como se alteraba a vida na contorna cando viña Franco a pescar e como era O Xirimbao antes da construción da “Pasarela Mariola” construída en 1960 (ponte colgante que une os concellos de A Estrada e Teo).

Reproducir vídeo

Antes de que comezara a vir Franco a pescar todas as tempadas, era unha zona de pesca para os homes do lugar. Días antes da chegada de Franco, prohibíase á veciñanza achegarse ao lugar franqueando a zona con unha multitude de gardas repartidos cada poucos metros.

Máis vídeos relacionados: