Carmen - Fonte de Santa María de Vilamaior - Santa Comba
Veciña da parroquia de Castriz. A través do seu testemuño, relata como a auga para os habitantes de Santa Comba, é un gran tesouro que forma parte do patrimonio artístico e cultural municipal xa que no Concello de Santa Comba, existen varias fontes santas con distintas propiedades curativas.
Reproducir vídeo
Unha das máis coñecidas é a Fonte de Santa María de Vilamaior, coñecida pola curación de diversas afeccións da pel. Fonte de peregrinación cuio día grande é o 15 de agosto e atrae a moita xente da contorna.