Carmen - O Xirimbao - Teo

Veciña de Teo. Desde moi nova tocoulle deixar a escola, aínda que loitou por poder continuar indo co seu irmá, a pesar de todas as barreiras sociais da época. Como a moitas outras mulleres da súa época, tivo que axudar na casa coas labores, traballar as terras, atender aos animais… ata que emigrou a Alemaña.

Reproducir vídeo

A imaxe que figura na ollada de Carmen do Xirimbao, non ten nada que ver coa actualidade xa que a contorna do río era un lugar de labradío e só había unha parede de pedra pola que cruzaban en verán cando tocaba ir ás festas.

O río nunca foi un elemento de diversión para as mulleres do lugar, polo menos no seu caso, non había tempo porque daquela había moito que traballar.

Máis vídeos relacionados: