Carmen e Pilar. A fonte de Santa Isabel. Vedra
Carmen e Pilar, veciñas do lugar de A Ferreira da parroquia de San Fins de Sales, relatan as súas lembranzas arredor da Capela de Santa Isabel nos seus tempos mozos.
Reproducir vídeo
O santuario de Santa Isabel, sita ao pé do río Pereiro, entre carballos, xunto co o cruceiro, a ponte e a fonte milagrosa, albergaba a romaría en honor a Santa Isabel.
Carmen e Pilar recordan como era a vida no lugar, a grande afluencia de xente da contorna que atraía pola súa devoción e os ofrecementos á santa milagrosa, coñecida por curar afeccións da pel como as verrugas.