Maruja, Carmen e Nieves. A vida nas tres aldeas - Ames
A través do testemuño de Maruja, Carmen e Nieves, veciñas de As Tres Aldeas, coñeceremos como era a vida en Pedrouzos.
Reproducir vídeo
Descubrirannos a importancia da auga no lugar, non só para dar vida aos muíños de Riamontes, senón tamén a fontes (como a de Aghra Mentiña), lavadoiros, elementos de vital importancia para o desenvolvemento da vida diaria, para o rego, para lavar, un elemento arredor do cal, producíanse os encontros informais veciñais.
Pola contra, para falar das cousas importantes en Pedrouzos e para a organización dos traballos comunitarios, non valían os espazos informais, tratábanse no medio da aldea e Nieves e Carmen, contan como era o peculiar sistema de convocatoria veciñal.