Nieves. Muíños de Riamontes - Ames

Veciña da aldea de Pedrouzos. A través do seu testemuño, permitiranos coñecer a gran importancia que tiveron para a veciñanza das Tres Aldeas (Pedrouzos, Lamas e Vilar), o conxunto etnográfico dos muíños de Riamontes (muíños de canle que moían todo o verán coas augas do pozo e son un exemplo dunha forma de vida comunitaria e de organización veciñal do lugar).

Reproducir vídeo

Recorda con total claridade todas e cada unha das partes do muíño e destaca a importancia do traballo realizado por moitas mulleres nos muíños e esforzo cargando os sacos á cabeza de gran de millo, trigo ou centeo para ir moer.

Podes visitar este conxunto etnográfico, realizando un pequeno percorrido circular de 7 km que inicia na pequena aldea de Vilar e que discorre por unha paraxe espectacular na que gozar dun agradable paseo cruzando regatos, camiños que discorren por bosque de ribeira nos que atoparás restos de varios muíños entre pozas, pequenas fervenzas, a través dos que coñecer unha parte da nosa tradición.

Por outra banda, se queres coñecer en máis detalle a historia dos Muíños de Riamonte, recomendámosche a lectura do libro Maximino Viaño (veciño do lugar) “Os muíños de Riamontes” – Contos da miña aldea.

Máis vídeos relacionados: