María - O traballo nos lavadoiros da mina de Varilongo - Santa Comba

Para María, veciña da parroquia Padreiro, a ponte de San Salvador de Padreiro, é un dos lugares que a traslada á súa nenez, xa que era un lugar de paso moi importante para a xente que ía traballar á Mina, homes e mulleres entre as que se atopaba a súa nai. Con 7 anos acompañaba á súa nai pola noite a traballar nos lavadoiros da Mina de Varilongo.

Reproducir vídeo

Aínda hoxe, pasados tantos anos, é capaz de recordar como xogaba e corría arredor dos lavadoiros mentres as mulleres seleccionaban o mineral, o sabor e o olor do café con leite que lle daban cando os traballadores e traballadoras dos lavadoiros facían un descanso de madrugada. Xa daquela había grandes diferencias entre os traballos realizados por homes e por mulleres na mina.


Se queres coñecer en máis detalle a importancia da Mina de Varilongo, recomendámosche a lectura do libro “O Volframio en Varilongo». Santa Comba de Xallas (1941-1963).

Máis vídeos relacionados: