Mercedes -Os lavadoiro e a auga en Seoane - Teo
Mercedes ía de nena lavar coa súa nai sendo unha meniña aos lavadoiros de Seoane ata que se construíu o lavadoiro comunitario. Os lavadoiros de Seone, a diferencia do lavadoiro de O Casal, eran unhas simples pedras á que se lle facía como un pechadiño ao redor para que non escapara a auga. Daquela podía haber pequenos lavadoiro repartidos ao longo do coñecido como Río da Pedra pola veciñanza, nunha zona de leiras dedicadas ao labradío da veciñanza do lugar.
A construción do lavadoiro comunitario no ano 1965 (situado cerca da Igrexa de San Xoán de Recesende), supuxo un gran cambio nas condicións do duro traballo de lavar das mulleres do lugar, xa que a auga do mesmo estaba máis quente (ao vir da fonte) polo que non padecían de tantas frieiras como no río e xa podían resgardarse cando chovía.
A auga entre a veciñanza de Seoane e Vilanova, foi e segue a ser moi importante xa que lonxe de ser un elemento que puidera xerar conflitos, é un exemplo de unión veciñal e do máis estrito sentido de comunidade e traballo conxunto, xa que no ano 1969, para mellorar a calidade de vida e o servizo para as casas do lugar construíuse un depósito comunitario de auga que daba servizo ás familias do lugar antes de ter traída municipal.