María - Ponte de San salvador - Santa Comba
María Pazos, veciña da parroquia Padreiro, describe como era antigamente o lugar no que se atopa actualmente a área recreativa de San Salvador de Padreiro pola que discorre o Río Xallas e como as enchentas do río afectaban aos habitantes do lugar.
O río, lugar no que xa quedaban claras as diferencias nos usos e nos espazos destinados a homes e mulleres, para as mulleres un lugar ao que ir lavar, e para os homes, un lugar no que ir pescar.
Lugar que fai máis de 50 anos, antes de construír a estrada que ía dar á Mina de Varilongo, era unha zona de monte e ribeiras, con unha pontella de pedras que atravesaba o río para pasar dun lugar a outro e no que había varios muíños (dos que só quedan algún resto na actualidade) que daban servizo á xente do lugar.