Concepción - A mina de Varilongo - Santa Comba
Veciña de San Salvador de Padreiro, unha das primeiras nenas que foi ao monte ao mineral. Unha homenaxe viva a todas aquelas mulleres que como ela, xa dende moi nova, tocoulles vivir unha época na que había moita necesidade, abandonar a escola e traballar duramente para contribuír ao sustento familiar.
Reproducir vídeo
Relata a través do seu testemuño, a importancia da Mina de Varilongo na súa época dourada, como xunto con un veciño do lugar, con 11 anos, un día foi ao monte ao mineral e dende ese día “acabouse a costura nin máis costureo”…. e como a Mina cambiou a vida da veciñanza do lugar.
Se queres coñecer en máis detalle a importancia da Mina de Varilongo, recomendámosche a lectura do libro “O Volframio en Varilongo«. Santa Comba de Xallas (1941-1963).