Clotilde - Os muíños de Ponte Pereira - Santa Comba
Coñecida familiarmente pola xente do lugar como Otilia é unha veciña de Ponte Pereira que a través do seu testemuño, amosa a importancia dos Muíños de Ponte Pereira para os veciños do lugar e de parroquias limítrofes. Muíños que recollían a través das súas canles a auga do río Abuín, afluente do río Xallas.
Reproducir vídeo
Un testemuño vivo da nosa tradición e cultura, que xa viña moer de nena dende os 10 – 11 anos. Aos seus 85 anos, recorda como cargaban o fol para ir moer e o medo que cando lles tocaba ir moer pola noite.
Ademáis de moer, recorda como viñan lavar ao mesmo tempo que moían aos lavadoiros que estaban a carón do río e do muíño.