Carmen - Muíños de Riamontes - A auga nas tres aldeas
Veciña da aldea de Pedrouzos (unha das Tres Aldeas, xunto coa aldea de Vilar e Lamas) é outro testemuño vivo da nosa tradición e cultura en torno aos muíños de Riamontes.
Relata as súas vivencias sobre a vida e os traballos arredor dos muíños, o funcionamento e a importancia do xugo (instrumento de gran relevancia na economía rural xa que distribuía as augas a partes iguais para o regadío das Tres Aldeas), as prácticas levadas a cabo pola veciñanza para utilizar o pozo que daba caudal á auga dos muíños e todo o que pasaba arredor de estes dous elementos tan importantes na vida do lugar.
Se queres coñecer en máis detalle a historia dos Muíños de Riamonte, recomendámosche a lectura do libro de Maximino Viaño (veciño do lugar) “Os muíños de Riamontes” – Contos da miña aldea.